Eventos
Organizamos actividades ciclistas para todos os públicos, tanto de monte como de estrada. Participa!!!
BTT en Familia
31 de maio 2026
BTT Sansa
14 de xuño 2026
Ruta dos Castelos
19 de xullo 2026
SanRockeira
7 de agosto 2026
BTT Nocturna
2 de outubro de 2026
Calendario de marchas e actividades recomendadas
Eventos cercanos
Rutas
BTT Media e Longa 2026
BTT Media e Longa de San Sadurniño 2026 Información sobre o recorrido polos concellos de San Sadurniño, Moeche e As Somozas Data: 14 de xuño 2026 Inscricións Inscricións abertas ata o 10 de xuño na páxina da Federación Galega de Ciclismo. Enlace directo aquí Para…
Btt curta San Sadurniño
A Btt curta do Concello de San Sadurniño en detalle: Información sobre o percorrido, tramos, elevacións e descarga de tracks.
Ciclismo para todos os niveis
Organizamos actividades ciclistas para todos os públicos, tanto de monte como de estrada. Podes acceder ao calendario a través do seguinte enlace. Participa!!!
Descubre o Territorio
Habilitamos e mantemos os camiños para o seu disfrute, tanto cunha bicicleta de montaña como camiñando. Descubre as rutas de interese que podes facer polo concello de San Sadurniño
Participa nas actividades
Tamén somos comunidade: Quedamos para a ruta das fines de semana, para abrir e manter camiños, para ir a rutas e eventos doutros clubes, para facer pedidos conxuntos de material…

Que é Biela e Chaveta?
Biela e Chaveta é un club ciclista aberto, nacido para promover o uso da bicicleta como deporte, lecer e forma de descubrir o noso territorio.
Organizamos rutas BTT e estrada, actividades familiares e eventos ao longo do ano.
O que facemos
Co noso traballo queremos recuperar e poñer en valor os vellos camiños tradicionais, sendeiros e corredoiras que unían os antigos lugares, cando vivíamos nunha sociedade rural ligada á terra e ao territorio.




























