Rutas BTT San Sadurniño

ENTRE CORREDOIRAS, TOXOS E XESTAS

Tres distancias: curta, media e longa.

Data: 14 de xuño 2026

Información Básica

Lugar de saída e de chegada: Finca A Cortiña
Hora de saída: 8:30h

Idade: maiores de 15 anos
N.º de prazas: 250 (por orde de inscrición)
Prezo: 15 €, e 18 € o xantar para participantes e acompañantes. Menores de 12 anos, xantar de balde.

Recollida de dorsais

- Sábado 13, desde as 16:00 ata as 20:00 se poden recoller dorsales en Decathlon Ferrol.
- Domingo 14, o mesmo día da proba, desde as  7:00 ata as 8:15 no CPI San Sadurniño.

Servizo de duchas no CPI San Sadurniño:https://maps.app.goo.gl/GaFqBN2W3uBb4inJ6

Lavado de Bicicletas na área de autocaravanas (a 50m da chegada).

Inscricións

Inscricións abertas ata o 10 de xuño na páxina  da Federación Galega de Ciclismo.

Que é a BTT de Sansa?

Ruta para bicicleta de montaña na comarca de Ferrolterra, polos concellos de Sansadurniño, Moeche e As Somozas.

Deseñamos o percorrido desta ruta coa idea de poñer en valor o patrimonio cultural do noso territorio. As rutas conectan lugares pouco coñecidos, e recuperamos vellos camiños que forman parte da historia local.

Esta ruta para bicicleta de montaña parte de San Sadurniño e percorremos pistas forestais, camiños tradicionais e sendeiros da contorna, combinando deporte, natureza e coñecemento do territorio.

Atravesamos vales e parroquias do concello e arredores, cun trazado deseñado por persoas que coñecemos o monte e que andamos nel todo o ano, pensado para gozar da bicicleta de montaña.

Aquí non se trata de competir, senón de rodar xuntos, mellorar pouco a pouco e descubrir novos camiños.

Tres distancias, tres aventuras

Ruta Curta

Un reto para disfrutar e descubrir os mellores camiños e sendeiros da contorna.

Distancia: 27,78 Km

Desnivel acumulado: 800m aprox.

Máis info sobre a ruta curta.

Ruta Media

Unha boa ruta por camiños e sendeiros dos concellos de San Sadurniño e Moeche.

Distancia: 60,10 Km

Desnivel acumulado: 1847m aprox.

Máis info sobre a ruta media

Ruta Longa

Ruta polos concellos de San Sadurniño, Moeche e Somozas, para ciclistas preparados.

Distancia: 66,20 Km

Desnivel acumulado: 1957m aprox.

Máis info aquí sobre a ruta longa 

Os datos de desniveis acumulados obtivéronse a través da app gpx.studio

Información polo miudo dos recorridos

Publicamos información detallada por tramos nos seguintes enlaces

Que tipo de percorrido facemos?

Estas rutas están pensadas para persoas que xa teñen algo de experiencia en BTT e unha mínima forma física, pero non é necesario ter un nivel alto nin competir.

O percorrido é 100% ciclable, aínda que hai algúns tramos con desnivel.

Combínanse pistas anchas, camiños, sendeiros, e os tramos algo técnicos que poida haber non teñen dificultade elevada.

Son tres rutas con dificultades distintas: ruta curta, ruta media e ruta longa. O percorido é "acumulable", pensado para que calquera persoa poida facer o percorrido máis axeitado para o seu nivel: Que vas rematando a ruta curta e estás con forza? Podes seguir pola media! Que tiñas pensado facer a longa pero non tes o día? Pois tamén podes voltar xa pola media!

Usamos bicicletas de montaña convencionais (ríxidas ou dobres) e eléctricas.

É obrigatorio levar casco.

Indicacións

Indicador: 1, 2, 3 = Ruta longa, media e curta

Indicador: 1 = Ruta longa

Información das diferentes rutas

BTT Curta 2026

Ruta Curta

Un reto para disfrutar polos mellores camiños e sendeiros da contorna.

Distancia: 27,78 Km

Desnivel acumulado: 808m aprox.

Ruta Curta BTT 2026

Descarga o track

A ruta curta é a porta de entrada perfecta á BTT en San Sadurniño. O percorrido sae do casco urbano e, cunha subida progresiva que che permite coller ritmo sen présas, chega ata Igrexafeita.

Dende Igrexafeita comeza a baixada cara ao val de Naraío, por camiños tradicionais recuperados, entre bosques e corredoiras que conectan os lugares do val.

A ruta, seguindo o curso do río Castro, pasa xunto ao castelo medieval de Naraío e continúa para, xa no fondo do val, retomar o camiño de volta a San Sadurniño.

Se andas en bicicleta de montaña de forma ocasional e queres probarte nunha ruta completa, con subidas asumibles, baixadas divertidas e moito territorio que descubrir, esta é a túa aventura.

Información detallada dos tramos desta ruta neste enlace

Vista 3D da baixada de Igrexafeita - O Remicieiro ata o castelo de naraío polo val do río castro.

Imaxe xerada con Google Earth.
Datos cartográficos e imaxes: © Google e provedores indicados na propia captura.

BTT Media 2026

Ruta Media

Unha ruta por camiños e sendeiros dos concellos de San Sadurniño e Moeche.

Distancia: 60,10 Km

Desnivel acumulado: 1755m aprox.

Ruta Media BTT 2026

Descarga o track

A ruta media dá un paso máis respecto á curta, ampliando percorrido e esixencia. Sae de San Sadurniño e comparte coa ruta curta a primeira parte: a subida a Igrexafeita, e a fermosa baixada polo val de Naraío. Pero despois, e lugar de voltar para Sansa, voltamos subir de novo cara a Igrexiafeita para baixar cara ao concello de Moeche.

A partires de aquí o terreo é divertido, por pistas e corredoiras, e chegamos ao val de Moeche seguindo un fermoso camiño a carón do río Xubia. O regreso cara a San Sadurniño faise xa sen grandes desniveis, agás unha pequena subida tendida a un cinco quilometros do final, con pisteo e baixada final ata a meta.

Se xa andas en BTT con certa regularidade e queres dar un paso máis en distancia e intensidade, esta ruta é o seguinte nivel natural.

Información detallada dos tramos desta ruta neste enlace

Vista 3D da baixada de Igrexafeita ata o Río Pequeno de Xubia e subida ata A Leiriña por Borreiros de Abaixo.

Imaxe xerada con Google Earth.
Datos cartográficos e imaxes: © Google e provedores indicados na propia captura.

BTT Longa 2026

Ruta Longa

Ruta polos concellos de San Sadurniño, Moeche e Somozas, para ciclistas preparados.

Distancia: 66,20 Km

Desnivel acumulado: 1957m aprox.

Ruta Longa BTT 2026

Descarga o track

A ruta longa é a versión máis completa e esixente da BTT Sansa. Un percorrido que vai máis alá de San Sadurniño para adentrarse tamén en Moeche e As Somozas, conectando tres concellos a través de monte, pistas e camiños tradicionais.

É similar á ruta media, co engadido de uns 9,5 Km por pistas que nos achegan ao concello de Somozas. Este engadido ten algunhas rampas que van servir para poñer a proba pernas entrenadas.

Se buscas un reto e estás afeito a rutas longas de montaña, con desnivel acumulado e varias horas enriba da bici, aquí tes unha proposta á altura.

Información detallada dos tramos desta ruta neste enlace

Fotógrafos

Durante a proba atoparedes a estes fotógrafos polos camiños!!!...

Patata!!!😁

Patrocinadores

Hemeroteca BTT

Edición 2025: 4ª BTT Concello de San Sadurniño
Edición 2024: 3ª BTT Concello de San Sadurniño
Edición 2012: 1ª BTT Concello de San Sadurniño

Eventos 2026