Ruta dos Castelos

Data: 19 de xullo 2026

Distancia: 81 km. (1600m desnivel).

Avituallamiento no km. 41, nas Somozas.

Tramos libres:

- Desde o km 31 ata o 36.

- Desde o km 43 ata o 53.

Xa estamos pensando no 2027!!!

A Ruta dos Castelos é unha nova proposta cicloturista de estrada, impulsada polo Club Biela e Chaveta, que percorre algúns dos enclaves máis representativos da comarca a través das estradas de San Sadurniño, Moeche e As Somozas.

Con 81 km de percorrido, a ruta combina ciclismo, territorio e patrimonio, conectando diferentes puntos de interese histórico e paisaxístico nun trazado pensado para desfrutar da bici sen carácter competitivo.

A Ruta dos Castelos forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Ciclismo, consolidándose como unha nova cita cicloturista na comarca.

Galerías de fotos: Ruta dos Castelos 2026

Publicamos as fotos do evento que organizamos, xunto co Concello de San Sadurniño e coa colaboración dos Concellos de Moeche e Somozas, o pasado 19-07-26.

Unha nova ruta con identidade propia

Esta ruta nace coa vontade de crear un evento de estrada con identidade propia na comarca, complementando as propostas de BTT e ciclismo recreativo que o club vén desenvolvendo nos últimos anos.

A Ruta dos Castelos aposta por:

  • O uso de estradas secundarias e tranquilas
  • A posta en valor do territorio e do patrimonio
  • Un formato accesible, non competitivo e participativo
  • Unha forma distinta de descubrir a comarca sobre a bicicleta.

Inscricións

Ata o 12 de xullo na web de Federación Galega de Ciclismo.

Enlace directo: Próximamente.

Todas as persoas participantes estarán cubertas cun seguro de accidentes.

Lugar de saída e chegada: CPI San Sadurniño.

Distancia: 81Km.

Desnivel: 1600m.

Nivel de dificultade: Media.

Idade: Maiores de 15 anos.

Nº de Prazas: 200 prazas.

Prezo: 15€ a ruta e 18€ o xantar (para participantes e acompañantes).

Os participantes que non teñan licenza federativa de ciclismo en vigor deberán añadir ao custo da inscrición o correspondente seguro dun día da Federación Galega de Ciclismo (15€).

Tel. de contacto:

600 500 046

Un percorrido para gozar da estrada e da contorna

A ruta discorre integramente por carreteiras secundarias da comarca, con tráfico reducido e perfís variados, alternando zonas máis rodadoras con tramos de desnivel moderado. É unha saída pensada para ciclistas afeccionados á estrada que buscan unha xornada completa, sen présas nin espírito de carreira.

Ao longo do percorrido pásase por distintos puntos de interese cultural e histórico dos concellos de San Sadurniño, Moeche e As Somozas, poñendo en valor o patrimonio local e a diversidade da paisaxe da zona.

Para quen está pensada

A Ruta dos Castelos está orientada a persoas con experiencia mínima en ciclismo de estrada, capaces de completar unha distancia media-longa de forma autónoma. Non é unha proba competitiva: cada participante roda ao seu ritmo, co obxectivo de completar o percorrido e gozar da experiencia.

Recoméndase o uso de bicicleta de estrada en bo estado, casco obrigatorio e equipamento axeitado para unha saída de varias horas.

Eventos 2026