BTT en Familia
Data: 31 de maio 2026
Paseo ciclista para todas as idades
A BTT en Familia é unha proposta aberta e participativa organizada polo Club Biela e Chaveta xunto co Concello de San Sadurniño dentro do programa “Sansa en Rodas”. É unha ruta ciclista pensada para desfrutar en familia, con percorrido cómodo e accesible, ideal para pasar a mañá da fin de semana rodando xuntos polos arredores de San Sadurniño.
Información Básica
Lugar de saída e chegada: CPI San Sadurniño
Distancia aprox.: 15Km
Desnivel: 125m aprox.
Idade: Maiores de 6 anos (de 6 a 12 anos deberán vir na compaña dunha persoa adulta).
Nº de prazas: 140 (por orde de inscrición)
A participación é gratuita.
Un paseo en bici para todas e todos
O punto de encontro e saída sitúase no CPI de San Sadurniño, onde o grupo parte cun trazado de aproximadamente 15km pensado para que calquera persoa que saiba montar en bicicleta —incluída rapazada a partir dos 6 anos— poida completalo con tranquilidade.
Percorrido e ambiente
A ruta atravesa diferentes zonas do concello. Discorre por pistas asfaltadas e algún camiño de terra sinxelo, evitando subidas esixentes.
O itinerario está deseñado para que a marcha sexa agradable mesmo para persoas con pouca experiencia en bici.

Seguro e seguridade
A participación é gratuita e inclúe seguro para todas as persoas inscritas. Por seguridade, é obrigatorio o uso de casco e recoméndase levar chaleco ou roupa de cores visibles. Á cabeza do pelotón vai un vehículo municipal de emerxencias e na cola un furgón de apoio, o que garante un ritmo adecuado e atención ao grupo durante todo o percorrido.
Para quen é esta saída
A BTT en Familia está pensada para todas as idades e niveis: desde persoas adultas que queren facer un paseo en bici con rapazada ata familias completas que buscan un plan deportivo pero accesible. A idea é compartir tempo en movemento, gozar do territorio e achegar o ciclismo a quen aínda non o practica de forma habitual.
Eventos 2026
BTT en Familia
31 de maio 2026
BTT Sansa
14 de xuño 2026
Ruta dos Castelos
19 de xullo 2026
SanRockeira
7 de agosto 2026
BTT Nocturna
2 de outubro de 2026
Calendario de marchas e actividades recomendadas
Eventos cercanos







