Vantaxes para socios e socias

O Club Biela e Chaveta traballa para apoiar ás persoas socias sempre que o orzamento do club o permita e exista acordo por parte da base social. Nese sentido, o club procura axudar e facilitar:

  • Pedidos conxuntos de roupa do club
  • Tramitación de licenzas federativas
  • Apoio para a realización de cursos e formación relacionada co ciclismo
  • Organización e participación en eventos e actividades

Calquera iniciativa que contribúa a mellorar a experiencia das persoas socias e a facer medrar o club será valorada e tratada de forma colectiva.

O club avanza coas ideas e propostas das persoas que o forman.

Formulario de Inscrición

A través deste formulario pódeste facer soci@ de Biela e Chaveta 

Alta de Socias

Uso de imaxes (fotos e vídeos)
A asociación poderá captar e publicar imaxes das actividades deportivas e sociais, incluídos eventos, saídas e marchas. Estas imaxes poderán ser utilizadas para a difusión das actividades de Biela e Chaveta en redes sociais, web e outros medios da asociación.

PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos facilitados serán tratados por Biela e Chaveta – Asociación Deportiva coa finalidade de xestionar a túa alta como socio/a, manter a comunicación contigo e tramitar seguros ou actividades vinculadas á asociación.

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a bielaechaveta@bielaechaveta.gal

Máis información na nosa Política de Privacidade:
👉 https://bielaechaveta.gal/privacy-policy

Ciclismo para todos os niveis

Organizamos actividades ciclistas para todos os públicos, tanto de monte como de estrada. Podes acceder ao calendario a través do seguinte enlace. Participa!!!

Descubre o Territorio

Habilitamos e mantemos os camiños para o seu disfrute, tanto cunha bicicleta de montaña como camiñando. Descubre as rutas de interese que podes facer polo concello de San Sadurniño

Participa nas  actividades

Tamén somos comunidade: Quedamos para a ruta das fines de semana, para abrir e manter camiños, para ir a rutas e eventos doutros clubes, para facer pedidos conxuntos de material...