BTT Media e Longa de San Sadurniño 2026
Información sobre o recorrido polos concellos de San Sadurniño, Moeche e As Somozas
Data: 14 de xuño 2026
Inscricións
Inscricións abertas ata o 10 de xuño na páxina da Federación Galega de Ciclismo.


Para quen é esta ruta?
Falamos xa de rutas para ciclistas de montaña con experiencia e boa forma física. Non fixemos un recorrido moi técnico pero si que é esixente físicamente, acumulando bastante desnivel, en especial na parte de As Somozas que forma parte da ruta longa, na que atoparedes varias rampas por riba do 20%.
O percorrido
A ruta continúa a ruta curta, despois de subir a Igrexafeita e baixar polo val de Naraío, subimos de novo a Igrexafeita por camiños con algo mais de desnivel. O tramo final, desde Penavidreira, repetimos o que xa fixemos na primeira subida.
Desde o asfalto de Igrexafeita collemos á dereita un camiño de terra que, nunha baixada de 2Km, nos leva ata o Río Pequeno de Xubia, desde donde iniciamos unha subidaata Borreiros e A Leiriña. Collemos unhs metros de asfalto para baixar por camiños divertidos ata Penas Albas, xa no val de Moeche.
De Penas Albas, por camiños de monte subimos ata As Felgueiras, pasando entre lugares antigos, e por camiños máis estreitos temos unha boa baixada ata A Pontenova.
Neste punto divídese a media da curta.
A media colle unha pista de terra á esquerda, que despois dunha subida e unha baixada rápida, enlazamos de novo coa ruta longa, xusto antes da ponte da Ferrería. Este tramo, desde A Pontenova ata enlazar coa ruta longa, ten aproximadamente 1700m.
Para facer a ruta longa hai que coller a pista á dereita na Pontenova. Son uns 10Km adentrándonos no concello de As Somozas. A primeira parte, por un camiño fermoso, pola beira do río Grande de Xuvia, percorremos uns 4Km que pican para arriba, co algunha rampa. Pero o forte ven ao desviarnos á esquerda para achegarnos a Coucixoso, con desniveis por riba do 20%. Desde arriba, pequeno baixa-sube, e descenso de 1,5Km ata encarar unha boa nova subida... 💪🏽 E tramo pequeno de asfalto, máis pista con baixa-sube-suuube para chegar ao lugar de Gradoi. Aquí pasamos o máis duro, e facemos un sube-baixa que permite, case aproveitando inercias, empatar coa media antes da Ferraría.
Pasamos a Ponte da Ferraría, tanto a ruta media como a longa, e despois de subir entre as casas desviámonos á esquerda para facer un tramo fermosísimo pola beira do rego da Ferrería que empara co Río Grande de Xubia. Deixamos unha antiga central eléctrica (lugares para parar a facer fotos...) e por antigos camiños de carro chegamos a Os Loureiros.
Desde alí imos baixando polo val de Moeche cara a San Sadurniño, empatando parcelarias, camiños e algúns tramos de asfalto. É un tramo sen moitos desniveis ata chega ao Tarambelo-Pontellas, desde donde cruzamos para baixar por Souto Calvo ata A Vila.
Deixamos unha ponte que non cruzamos á esquerda para subir -subida tendida- cara á Gandara, desde donde polos montes da Penamoura (2Km e medio de sube-baixa sen desniveis). E deixando esta vez a autovía á esquerda, baixamos ata A Cortiña - San Sadurniño.
Mapa Ruta Media
Os tramos polo miudo
Despois de facer os primeiros 24Km en común coa ruta curta seguimos por aquí:
📍KM: 24.06
BTT MEDIA E LONGA: Coveluda - Campo Grande
ASFALTO
Descripción:
Subidas con maior desnivel nesta segunda subida a Igrexafeita, en especial ao principio, e tamén no que chamamos "O Repichón", despois de pasar por debaixo da autovía.
📍KM: 27.18
Repetición BTT – 6 – Enlace Campogrande - Penavidreira
ASFALTO
Descripción:
Metros sen desnivel
📍KM: 27.85
Repetición BTT – 7 – Subida Igrexafeita
CAMIÑO
Descripción:
Camiño en paralelo á autovía.
Pódese complicar algo se hai auga, pero é doado: Ten dous desniveis máis fortes (15-20%), xusto ao principio e chegando ao final. O resto é subida suave, tendida.
Enlace asfalto por Igrexafeita e avituallamento!!!
📍KM: 30.70
BTT MEDIA E LONGA: Igrexafeita - A Leiriña
CAMIÑO
Descripción:
Baixada longa e subida ata A Leiriña. Camiños anchos de terra. Abaixo, na curva, pasa o camiño por riba do Río Pequeno nun entorno moi bonito.
A modo na baixada (ollo coas rodeiras e canos da auga!!!)
📍KM: 33.45
BTT MEDIA E LONGA: A Leiriña - Penas Albas
Descripción:
Uns metros de asfalto ao principio para iniciar unha baixada moi divertida.
Ollo na baixada da canteira (cando nos desviamos á esquerda donde está o monte pelado e hai unha casa que deixamos á esquerda - ver foto) que hai canos grandes!!!.
📍KM: 36.55
BTT MEDIA E LONGA: Penas Albas – Felgueiras – A Pontenova
Descripción:
Subida por camiño de monte (13-17% que vai suavizando) ata as Felgueiras. Despois temos unha baixada por un camiño máis estreito (non chega a sendeiro) ata empatar con uns metros de asfalto que nos levan á Pontenova.
Tramo enlace Ruta Media
📍KM: 39.67
BTT MEDIA: A Pontenova – A Ferraría
Descripción:
Tramo de enlace ata empatar de novo coa ruta longa. É algo máis de 1700m por pista ancha, con subida tendida (12-13% máx. nalgún punto), e baixada rápida ata enlazar coa ruta longa cando xiramos 300º á esquerda para baixar ata a ponte da Ferrería.
Tramo Ruta Longa
📍KM: 39.67
BTT LONGA: A Pontenova – Torre das Mestas
Descripción:
Pista ancha por un entorno fermoso, pola beira do río Grande de Xuvia... Vaise a vista para a dereita. Percorremos uns 4Km que pican para arriba, con algunhas rampas máis duras pero curtas.
📍KM: 43.62
BTT LONGA: Subida Coucixoso
Descripción:
Subida de máis de uns 1200m, con algún descanso, pero que ten tramos por riba do 20-25%. Menos mal que hai sombra e o camiño é bonito!!!
📍KM: 44.77
BTT MEDIA E LONGA: Pisteo Coucixoso-A Ferraría
Descripción:
Tramo por pistas forestais con baixada rápidas (precaución coas rodeiras!!!) e dúas rampas duras, con desniveis por riba do 20%. A primera subida forte é duns 600m, cando despois dunha baixada longa deixamos unha balsa de auga á dereita do camiño... Ánimo ahí!!! Despois hai outra boa subida, pero máis curta, para chegar a Gradoi. E a partires de ahí xa hai únicamente algunha rampa pequena para chegar cáseque con inercias á ponte da Ferrerería e empatar coa media.
📍KM: 50.96/41.48
BTT MEDIA E LONGA: A Ferraría – Os Loureiros
Descripción:
Fermosísimo tramo pola beira do río. Bo lugar para parar a facer algunha foto. Pode haber lama nalgún punto pola auga.Non ten desniveis importantes e remata o tramo por un antigo camiño de carro, antes de chegar ao asfalto nos Loureiros.
📍KM: 53.75/44.27
BTT MEDIA E LONGA: Os Loureiros – Casalousada – O Tarambelo – A Vila
Descripción:
Pistas anchas de parcelaria con algún enlace de asfalto. Son os quilómetros máis rápidos de toda a ruta, baixándonos todo o val de Moeche achegándonos ata San Sadurniño.
(Os picos do perfil de elevación, ao ser comprimidos, saen moi esaxerados)
📍KM: 62.56/53.08
BTT MEDIA E LONGA: Os A Vila – A Gándara – Penamoura – San Sadurniño
Descripción:
Último esforzo, e divertido!!! Despois dunha subida tendida ata Gándara enlazamos coa pista que nos leva ata A Penamoura, a pista sube-baixa sen moitos desniveis pola que iniciamos a ruta pola mañá, pero agora, ao chegar ao asfalto do final, baixamos polo lado contrario da autovía e empatamos co asfalto o último quilometro costa abaixo ata A Cortiña.
















