Andaina – Concello de San Sadurniño 2026
Datos Básicos de interese
Data: 14 de xuño.
Lugar de saída e de chegada: Finca A Cortiña.
Hora de saída: 9:15h desde Igrexafeita.
Distancia: 12 Km
Idade: maiores de 10 anos
N.º de prazas: 50 (por orde de inscrición)
Prezo: Andaina 5 €. (18 € o xantar para participantes e acompañantes. Menores de 12 anos, xantar de balde).
Inscricións
Inscricións abertas ata o 8 de xuño ou rematar prazas

Hai lugares nos que a paisaxe conta historias.
Nesta andaina, cada tramo do percorrido fala da relación entre a xeoloxía, a auga, a historia medieval e as lendas populares da nosa comarca.
Partiremos desde Igrexafeita para descender cara ao val do río Castro, un dos espazos naturais máis singulares do concello de San Sadurniño. Ao longo do percorrido poderemos observar formacións xeolóxicas de enorme interese, como o contacto entre os granitos e antigos sedimentos transformados en lousas, ademais das características pías formadas pola erosión fluvial ao longo de milleiros de anos.
A ruta levaranos ata o impresionante Castelo de Naraío, fortaleza medieval ligada á Casa dos Andrade e levantada sobre un promontorio rochoso que domina o val a máis de 400 metros de altitude. Declarado Ben de Interese Cultural, conserva aínda parte das súas murallas, a torre da homenaxe e antigos accesos abovedados, nun enclave que combina patrimonio, natureza e unha das imaxes máis espectaculares da comarca.
Desde o castelo ascenderemos cara ás Penas do Rei Mouro, un dos lugares máis fascinantes e simbólicos de San Sadurniño. Ademais da lenda popular que envolve este enclave, aquí atopamos un dos maiores conglomerados de seixo de Galiza, nunha paisaxe de grande personalidade que tamén é coñecida pola práctica da escalada.
Unha oportunidade para camiñar, descubrir e mirar con outros ollos lugares polos que moitas veces pasamos sen coñecer realmente o que agochan.
Guía: Fran Canosa
O percorrido contará coa guía de Fran Canosa, doutor en Xeoloxía e Director Científico do Cabo Ortegal Xeoparque Mundial da UNESCO. Fran Canosa é un dos artífices do recoñecemento internacional deste territorio.
Compre destacar o seu traballo como divulgador científico, de referencia en Galicia, e creador do programa educativo Descubrindo as rocas que pisas, impartido en máis de cen centros de ensino.
Ter a súa ollada experta ao longo do camiño converte esta andaina nunha experiencia tan enriquecedora como difícil de repetir.



Actividades Entre Corredoiras, toxos e xestas - 14 de xuño 2026
Calendario de Eventos
XII MARCHA RIO ULLA BTT CONCELLO DE TOURO
22 de marzo 2026
X RUTA BTT TERRA CHA DO QUEIXO SAN SIMON DA COSTA
4 de abril 2026
XV RUTA CICLOTURÍSTICA EN BTT DA CAMELIA POLO VAL DO ULLA 2026
3 de maio 2026
BTT en Familia
31 de maio 2026
BTT Sansa
14 de xuño 2026
9ª RUTA DEL AGUA CAIMANES BETANZOS
21 de xuño 2026
Ruta dos Castelos
19 de xullo 2026
SanRockeira
7 de agosto 2026
X RUTA BTT TERRAS DO EUME
20 de setembro 2026
21 Leguas
26 de setembro











