BTT Curta de San Sadurniño
A ruta "curta" que describimos aquí é a porta de entrada á bicicleta de monte en San Sadurniño.
100% ciclable e moita diversión!!!
Data: 14 de xuño 2026
Inscricións
Inscricións abertas ata o 10 de xuño na páxina da Federación Galega de Ciclismo.

Para quen é esta ruta?
Non é unha ruta para novatos, pero tampouco para bikers expertos: Se andas en bicicleta de montaña de forma ocasional e queres probarte nunha ruta completa que supoña un certo reto, con subidas asumibles, baixadas divertidas, e con moito territorio que descubrir, esta é a túa aventura.
O percorrido sae do casco urbano e, cunha subida progresiva que che permite coller ritmo sen présas, chega ata Igrexafeita.
Dende Igrexafeita comeza a baixada cara ao val de Naraío, por camiños tradicionais recuperados, entre bosques e corredoiras que conectan diferentes lugares.
A ruta, seguindo o curso do río Castro, pasa xunto ao castelo medieval de Naraío e continúa para, xa no fondo do val, retomar o camiño de volta a San Sadurniño.
O percorrido
A ruta comeza cunha subida longa cara a Igrexafeita, pero non é unha subida brutal nin continua. Procuramos trazala da maneira máis tendida posible, buscando pistas e camiños que permitan gañar altura pouco a pouco, con descansos e pequenos respiros ao longo do ascenso. A clave aquí non é apretar, senón coller ritmo e ir facendo.
Unha vez arriba, chega a recompensa: unha baixada bonita e divertida por camiños que estes días estivemos acondicionando, desde a zona do Remicieiro cara abaixo, ata chegar ao río. É unha parte moi agradecida, terreo BTT para disfrutar.
Abaixo enlazamos co sendeiro do Castro, seguindo pola beira do río ata o castelo de Naraío, onde estará situado un dos avituallamentos. É un dos puntos máis especiais do percorrido, tanto polo entorno como polo propio castelo.
Despois de repoñer forzas toca volver gañar altura, desta vez cara ás Naveiras. É outro dos tramos novos deste ano e ofrece boas vistas do castelo ao inicio do tramo. Subida para tomar con calma, sen ter que sufrir de máis, gardando pernas para o que queda. O máis difícil xa foi.
Nas Naveiras agarda unha baixada ampla e divertida, por pista máis aberta, que empata co fermoso tramo do Rego Cativo, e xa estamos na parte baixa de Naraío. Pasamos por Pielas e imos cara a Cobeluda por camiños variados, cruzando pequenos regatos nun tramo de sobe e baixa entretido.
A última subida lévanos ata a Penamoura, o último esforzo da ruta. A partir de aí xa queda baixar de novo cara a San Sadurniño e completar un percorrido esixente, pero pensado para poder facelo con calma, gozando dos camiños, das baixadas e do entorno.
Non é unha ruta chaira nin pretende selo. Pero si é unha ruta ben medida: con subida longa ao comezo, descansos suficientes, zonas bonitas de río, baixadas divertidas e varios tramos novos que fan que pague a pena.
Vista 3D da baixada de Igrexafeita: Remicieiro (Igrexafeita) ata o Castelo polos "montes do Achileiro" e subida para A Fraguela e As Nabeiras.
Imaxe xerada con Google Earth.
Datos cartográficos e imaxes: © Google e provedores indicados na propia captura.
A BTT curta 2026 en detalle: Os Segmentos
Neste mapa podes atopar información máis polo miudo de cada un dos segmentos que compoñen o percorrido deste ano.
O mapa permite acceder a información de cada tramo ao facer click nas liñas.

Comentario de cada tramo:
📍KM: 0
BTT - 1 - Arboreto - asfalto
ASFALTO
Descripción:
Tramo de asfalto en subida.
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 2.12
BTT – 2 – Subida a Penamoura
PISTA
Descripción:
Pista en ascenso, en mal estado. Ten rodeiras da auga e algunhas fochancas.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 3.60
BTT – 3 – Enlace Penamoura
ASFALTO
Descripción:
Baixada recta.
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 4.01
BTT – 4 – Montes da Penamoura
PISTA
Descripción:
Sube e baixa sen desniveis importantes por pista en estado regular (mollado complícase algo porque pode haber fochancas).
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 6.09
BTT – 5 – Subida Campogrande
CAMIÑO
Descripción:
Subida que se pode facer máis complicada se está mollado, sobre todo nos últimos metros, que é a parte con máis inclinación. Ten algun metro de baixada polo medio.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 7.56
BTT – 6 – Enlace Campogrande - Penavidreira
ASFALTO
Descripción:
Metros sen desnivel
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 8.01
BTT – 7 – Subida Igrexafeita
CAMIÑO
Descripción:
Camiño en paralelo á autovía.
Pódese complicar algo se hai auga, pero é doado: Ten dous desniveis máis fortes (15-20%), xusto ao principio e chegando ao final. O resto é subida suave, tendida.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 9.99
BTT – 8 – Enlace Igrexafeita – Remicieiro
ASFALTO
Descripción:
Baixada ata o lugar do Remicieiro. Sen dificultade.
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 10.97
BTT – 9 – Remicieiro – Castelo
CAMIÑO - SENDEIRO
Descripción:
Espectacular!!!
Antigo camiño (comunicaba o Remicieiro con A Pedreira e co río Castro) que recuperamos neste ano 2026...
Primeira parte: Pasadas as casa do Remicieiro, 170m de camiño de carro e hai que meterse á dereita. Ollo con seguir para abaixo!!! Depois son 800m de camiño de monte, tramo sube-baixa sen moito desnivel (pica para abaixo). Viramos 170º e baixada con máis de desnivel ata chegar á beira do río Castro. PRECAUCIÓN co cano de auga, que non ten problema se imos a modo... (está indicado cun sinal)
Segunda parte: Sendeiro do Río Castro, polo que facemos uns metros sen desnivel cruzando a estrada canda a ponte, despois un repecho curto de subida, e remata nunha baixada ata o Castelo de Naraío.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 14.02
BTT - 10 - Subida do Castelo
CAMIÑO
Descripción:
Os primeiros 50 metros son os duros, cun desnivel do 20%, pero despois vai suavizando.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 14.60
BTT - 11 - Subida da Fraguela
CAMIÑO
Descripción:
Camiño recuperado, aberto tamén deste ano 2026!!!
Primeiros metros con pouco desnivel. Os últimos 100 metros son máis peados, ata chegar á estrada.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 14.95
BTT - 12 - Enlace A Fraguela - As Nabeiras
ASFALTO
Descripción:
Subida ata a Fraguela e despois para abaixo ata As Nabeiras
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 15.65
BTT – 13 – Baixada das Nabeiras
PISTA
Descripción:
Baixada longa e divertida por pista con pedra solta e rodeiras.
Precaución: Tramos con inclinación >20% (Pero non ten dificultade se imos despacio). Ollo coa pedra solta na parte final!!!
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 16.86
BTT - 14 - Regho Cativo
CAMIÑO
Descripción:
Camiño fermoso. É unha baixada sen demasiado desnivel, pola beira do regho Cativo, que ten a dificultade de pasar varios regatos pequenos que meten auga no camiño.
OLLO: Se chove e hai máis auga increméntase a dificultade.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 18.10
BTT - 15 - Enlace Rio Limpo
ASFALTO
Descripción:
Baixa-sube cruzando o río Castro.
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 18.30
BTT - 16 - Camiño dos Lamigheiros
CAMIÑO
Descripción:
Pista ancha sen dificultade, preto do río.
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 19.68
BTT - 17 - Enlace Pielas - Saldoiro
ASFALTO
Descripción:
Enlace sen dificultade
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 20.74
BTT - 18 - Camiño de Viacoba
CAMIÑO - SENDEIRO
Descripción:
Fermoso camiño pola beira do río Castro, crúzase un regato.
Pequenos repechos sube-baixa, pero é un tramo básicamente plano.
Non ten moita dificultade, pero hai que ir con atención.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 21.88
BTT - 19 - Enlace Pereiras
ASFALTO
Descripción:
Subida por asfalto cun desnivel entre o 5 e o 16%
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 22.26
BTT - 20 - Pereiras - Coveluda
CAMIÑO
Descripción:
Camiño de monte que empeza cunha baixada ata cruzar un pequeno regato sen moita dificultade, para picar despois para arriba e para abaixo.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 22.94
BTT - 21 - Enlace Coveluda
ASFALTO
Descripción:
Baixa e sube con desniveis moderados.
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 23.44
BTT - 22 - Hortas da Cobeluda
SENDEIRO
Sendeiro ancho de herba, polo medio das hortas.
LIxeiro desnivel, máis nos metros finais.
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 23.75
BTT - 23 - Subida Cobeluda - Penamoura 1
ASFALTO - PISTA
Descripción:
Subida curta, dura nos primeiros metros de asfalto, que despois suaviza na pista.
🟢 Dificultade: Verde
Rutas media e longa
Neste punto se separan a ruta curta das rutas media e longa.
Se sigues pola curta, segue lendo este artigo.
Se queres seguir pola media ou a longa tes a información aquí
📍KM: 24.06
BTTc - 24 - Cobeluda - Penamoura 2
CAMIÑO
Descripción:
Subida con desniveis moderados, algo máis na parte final. Algún tramo plano polo medio.
Pode haber algunha fochanca sen dificultade.
🟢 Dificultade: Verde
📍KM: 25.27
BTTc - 26 - Penamoura - Cornide
CAMIÑO
Descripción:
Baixada con desnivel moderado, pero complícase algo por rodeiras da auga.
En mollado precaución.
🔵 Dificultade: Azul
📍KM: 26.53
BTTc - 27- Enlace fin
ASFALTO
Descripción:
Costa abaixo por donde empezamos. Asfalto sen dificultade.
🟢 Dificultade: Verde
Inscricións
Inscricións abertas ata o 10 de xuño na páxina da Federación Galega de Ciclismo.
Ciclismo para todos os niveis
Organizamos actividades ciclistas para todos os públicos, tanto de monte como de estrada. Podes acceder ao calendario a través do seguinte enlace. Participa!!!
Descubre o Territorio
Habilitamos e mantemos os camiños para o seu disfrute, tanto cunha bicicleta de montaña como camiñando. Descubre as rutas de interese que podes facer polo concello de San Sadurniño
Participa nas actividades
Tamén somos comunidade: Quedamos para a ruta das fines de semana, para abrir e manter camiños, para ir a rutas e eventos doutros clubes, para facer pedidos conxuntos de material...
Calendario de Eventos
BTT Nocturna
2 de outubro de 2026



















