Política de Privacidade – Clube MTB Biela e Chaveta
Última actualización: 20/11/2025
No Clube MTB Biela e Chaveta tratamos os teus datos persoais con responsabilidade, transparencia e sempre conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD).
1. Responsable do tratamento
Clube MTB Biela e Chaveta
NIF: G70282009
Enderezo: Avda. Marqués de Figueroa, s/n – Casa do Concello, 15560 San Sadurniño (A Coruña)
Correo de contacto: bielaechaveta@bielaechaveta.gal
2. Datos que recollemos
Só recollemos os datos estritamente necesarios para as actividades do club:
-
Nome e apelidos
-
DNI/NIF (cando sexa necesario para seguros ou licenzas)
-
Enderezo, teléfono e correo electrónico
-
Datos de federación (se procede)
-
Información sobre participación en actividades, eventos e marchas
-
Imaxes e vídeos tomados durante actividades do club (ver punto correspondente)
3. Finalidades do tratamento
Usamos os datos para:
- Xestión de socios e inscricións (altas, baixas, cotas, comunicación interna).
- Organización de eventos deportivos (marchas, rutas, nocturnas, Sanrockeira, etc.).
- Xestión de seguros e cobertura federativa, cando corresponda.
- Comunicacións informativas sobre actividades do club.
- Uso de imaxes e vídeos realizados en eventos abertos ao público para:
-
-
Difusión nas redes sociais oficiais do club
-
Promoción de actividades e memoria deportiva
-
Publicación na web bielaechaveta.gal
-
En ningún caso vendemos, cedemos nin comercializamos datos.
4. Lexitimación
A base legal para tratar datos é:
-
Execución da relación como socio (art. 6.1.b RGPD)
-
Consentimento expreso en inscricións e formularios (art. 6.1.a)
-
Interese lexítimo en eventos de carácter público e divulgativo (art. 6.1.f)
-
Obrigas legais en materia de seguros deportivos, licenzas ou subvencións públicas (art. 6.1.c)
5. Cesión de datos
Só se comparten cando é necesario:
-
Compañías de seguros deportivos
-
Federación Galega de Ciclismo (se procede)
-
Administracións públicas en caso de subvencións ou obrigas legais
-
Servizos tecnolóxicos usados polo club (aloxamento web, correo, formularios online), con contratos de encargado de tratamento
Non se realizan transferencias internacionais de datos fóra da UE.
6. Dereitos das persoas usuarias
Podes exercitar:
-
Acceso aos teus datos
-
Rectificación
-
Supresión (dereito ao esquecemento)
-
Limitación
-
Oposición
-
Portabilidade
Solicítao escribindo a: bielaechaveta@bielaechaveta.gal
Tamén podes reclamar ante a AEPD: www.aepd.es
